
Sei que dende que empecei ainda non fixen ningunha crítica negativa, pero é que parece que ultimamente só me coincide ver cousas que me gustan. Mellor que mellor. Onte puiden ver (por fin enteira, sempre a vira a cachos) El viaje de Chihiro. Estabamos miña nai e mais eu, e as dúas nos levantamos da mesa encantadas cando rematou. A banda sonora é unha preciosidade, así coma a historia e os propios debuxos; e vese por que levou o Óscar á mellor película de animación no 2002 e o Oso de ouro á mellor película no festival de Berlín dese mesmo ano. A historia empeza cando os pais de Chihiro se transforman en porcos despois de comer un banquete que atoparon no medio dunha aldea aparentemente abandonada. A partir dese momento, a rapaza descobre que está noutro mundo e que só ela (coa axuda do seu amigo Haku) pode facer algo para sacalos de alí e volve-los seus pais ó estado normal. A película está chea de fantasía e moitísima imaxinación, pero tamén hai moito humor e moita docura. A protagonista é moi valente e esperta (coma a maioría dos nenos protagonistas deste tipo de historias) pero tamén demostra que ten medo e sofre. En fin, un filme moi recomendado tanto para nenos coma para adultos.
Recomendación: mellor vela con tranquilidade e sen prexuízos.
Nota: 9
Desde luego, si tengo que escoger dos películas que me enseñaran la calidad que puede llegar a poseer el manga, ésas son Akira (ejemplo maestro de cómo mantener le ritmo en una película sin agobiar ni aburrir) y el viaje de Chihiro (nunca la fantasía infantil había llegado a tales cotas de lirismo, de verdad que llega al corazón). Hay que reconocer que tienes buen gusto, si señora. Sigue asin (por cierto, yo también tengo un blog ¿recuerdas? a ver si entras y das tu opinión neniña jejejejejejeje).
Miyazaki es dios, como Tim Burton ;)
Yo aun soy más generoso y a El viaje de Chihiro le pongo un 10 como una catedral. Es una de esas películas que logra "teletransportar" al espectador. Y me gustó más que la anterior de Miyazaki, La princesa Mononoke. Sin embargo, Akira no logró convencerme. Quizá deba concederle la oporunidad de un segundo visionado, jeje.
A verdade é que a min Akira si que me gustou, pero a transformación final do protagonista revolveume o estómago. De feito, adoitame pasar coas películas manga que teñene este tipo de imaxes onde se mostran vísceras de forma tan explícita. Pero para gustos, colores :)