
Empecemos polo principio. Cheguei ó cine con tanta ilusión coma unha nena pequena nun parque de atraccións, e é que para min, cada película de Tim Burton é un novo mundo de diversión. Con todo, teño que recoñecer que non me pareceu unha das súas películas máis redondas. Helena Bonham Carter e Johnny Depp están estupendísimos e cantan moi ben (menos mal, por certo, que só se dobraron as partes non cantadas); pero algunhas das cancións non me acabaron de convencer. Hai que entender que se trata da adaptación dun musical, polo que tampouco era de esperar que se cambiase a letra ou a música, pero había algúns momentos nos que o tipo de canción (é un musical, é un musical) se facía un pouco pasteloso de máis. A ambientación, iso si, tremenda: ver Londres en tons grises e escuros non ten prezo. A outra pega que lle poría son os subtítulos, pero isto xa non ten que ver coa obra orixinal do señor Burton, claro. Pasaban ás veces un pouco demasiado rápido e, para o meu gusto, estaban moi rococós. Entendo que o tradutor o tiña difícil tendo en conta a época en que transcorre e que subtitular sempre ten as súas complicacións, pero creo que se podían ter mellorado. A pesar de todo, é unha obra de Tim Burton e, en consecuencia, (e con toda a sangue vermella de mentirijilla que aparece) xa está entre as miñas favoritas.
Recomendación: ¡Que vou dicir eu de Tim Burton!
Nota: 9
Diar Noe!!!
Yesterday I went to the cinema. I saw the Tim Burton film´s. jejejej gustoume bastante meniña, pero tamén e certo e o meu criterio de gustos e ben amplio, polo q e dificil dicir que un film, unha canción ou mesmo un mozo/a e feo ou poco xeitoso.
Estivo simpatico o film, pero botei de menos a traducción cantada das cancións, porque mentres quitoume tempo de atención os bailes, as esceas...etc. PEro por outro lado si e certo que pareceume curiosa parte de traducción.
Voume despedir. Animo a todo o mundo a que vea a peli. Espero non ter moitas faltas en galego, fai tempiño que non escribo no idioma q tanto amo!!!!!!!!!!!!!! bicossssssssssssssssssssssssssssssssssssss
chicaaaaa, pues a mí la verdad que Tim Burton.... no sé. A lo mejor tengo que verlo con más entusiasmo. Lo cierto es que tengo ganas de ver esta última. Te iba a decir que si tú la recomiendas ha de estar bien, pero me olvidaba de tu devoción por el señor T.B. jiji. bikos rula!!!
Despues de ver la peli solo se me viene una cosa a la cabeza, por dios que mi peluquero no la viera nunca se sabe donde puede haber un asesino en serie y no es plan de dar ideas chungas.
Pues nada, a afeitarse en casa con la Guillette... XD