Que vou dicir dun dos meus programas favoritos da televisión actual. "Muchachada Nui" é filla de La hora Chanante (¡Chanante!), mantén o mesmo equipo de actores dende o comezo. Os creadores foron o chamado “trío de Albacete”: Joaquín Reyes (Richard, en Camera Café), Ernesto Sevilla (presentador de Cuatrosfera e Smonka!) e Julián López (comentador dos deportes en Noche Hache). O director e o propio Joaquín Reyes, que tamén crea e creou moitas das seccións do programa como “Los Klamstein” o “La cinta VHS”. Emítese (en principio, porque coa tele nunca se sabe) os mércores a iso das 23:30, despois de Perdidos. Recupera moitas seccións de “La hora Chanante” pero con outro nome: Celebrities (por Testimonios), Mundo viejuno (por Retrospecter), Al fresco (por el Gañán)… Fan un humor moi moi absurdo, por iso é do tipo de programas que ou odias ou che encanta. Eu son do segundo grupo, pero Berto (o meu mozo) é do primeiro. Así que, cando acaba Perdidos, el vai para o ordenador e eu quedo no salón escarallándome de risa eu sola. É certo que ten algúns gags que quizais non acaben de enganchar, pero en xeral, é un programa moi fresco e que, polo menos, sae completamente do que se adoita amosar na tele. E para os que non o coñezades, aí vos deixo un par de perlas: o único capítulo de “La cinta VHS”, un dos mellores de “Enjuto Mojamuto” e o testimonio de Madonna (pola Hora Chanante). Que ustedes se lo pasen bien.