Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: videoclips

Spongmonkeys - We Like tha Moon

Debido a que nestes últimos días non saían da miña cabeza, creo que os spogmonkies merecen un apartado neste blog. Para os que non os coñezades, creo que a mellor explicación é que vós mesmos os vexades en acción. ADVERTENCIA: Escoitar esta canción pode causar que pase o resto da semana ou mesmo o resto do mes con ela pegada á cabeza.


Vale, recoñezo que os monecos poden dar un pouco de mal rollo, pero é que o da letra non ten discusión. Que hai máis profundo que uns versos como:

We like tha moon

Because it’s close to us

We like tha moon

But not as much as a spoon

Because that’s more for eating soop

Supremo. Por se vos interesa, que saibades que os Spongmonkeys co seu “I Like the Moon” foron un fenómeno de Internet alá polo 2004, pero hai clásicos que nunca morren.

30 Seconds to Mars - The Kill

Non pensaba actualizar tan pronto, pero entráronme unhas ganas imperiosas de compartir co mundo esta marabilla. Aquí se mestura todo ó que son adicta: cine, música e lectura. Este é un exemplo de boa música acompañada dun estupendo videoclip e todo mesturado con referencias a todo un clásico do cinema de terror que non podedes deixar de ver e que xa comentaremos máis adiante. Xa veredes que non é difícil adiviñar a que película me refiro. O argumento cambia bastante, pero a esencia está aí e eu creo que é unha homenaxe moi bonita e moi ben feita. Quizais o das raias é un pouco raiante (valga la redundancia), pero hai outras versións sen elas. A ambientación está moi conseguida e os do grupo fano moi ben (non se nota que me encanta este videoclip). Así que, aí volo deixo. Gozade del :)